- QUEN PODE FORMAR PARTE DO PACTO
Poden formar parte do pacto aqueles festivais, entidades, espazos, artistas, patrocinadores, provedores, persoas… que dalgún xeito estén vinculadas co ámbito da cultura e que queiran contribuir de forma conxunta ao desenvolvemento sustentable e a Axenda 2030.
2. QUE TEÑO QUE FACER PARA FORMAR PARTE DO PACTO
Debes poñerte en contacto co equipo do pacto a través do correo: info@pactoculturasustentable.gal
Avaliada e aprobada a proposta de incorporación, deberás firmar a política e os obxectivos do pacto que podes consultar previamente na web www.pactoculturasustentable.gal
3. QUE ME APORTA FORMAR PARTE DO PACTO?
Formar parte do pacto proporciona un conxunto de recursos, ferramentas e servizos para facilitar e acelerar a transformación do proxecto nun proxecto que contribua ao desenvolvemento sostible.
– Diagnóstico de estado do proxecto en materia de sustentabilidade
– Formación
– Mentoring
– Apoio na elaboración do plan de sustentabilidade e as memorias
– Evaluación e seguemento do avance do plan
4. QUE OBRIGAS TEÑO AO FiRMAR O PACTO?
Colaborar na posta en común de avances e medidas en materia de sustentabilidade
Elaborar un plan de sustentabilidade acorde á política asinada e que recollerá as accións deseñadas para cumprir cos requisitos (deberá contemplar polo menos unha acción por cada requisito) e os compromisos suscritos.
Medir os indicadores que permitan avaliar os compromisos establecidos.
Elaborar unha memoria anual de sustentabilidade que permita avaliar a evolución do pacto.