O PACTO

O Pacto Cultura Sustentable preséntase en 2021 como unha alianza entre entidades e persoas do ámbito da cultura que nos sentimos chamadas á acción para integrar a sustentabilidade no noso traballo. A través desta alianza reforzamos por un lado a importancia de actuar de forma conxunta e coordinada na incorporación do enfoque sustentable na xestión da cultura, de maneira que as prácticas culturais estean aliñadas coa Axenda 2030, así como a necesidade de dar respostas desde o local e a proximidade para lograr os obxectivos globais.

Trinta e oito proxectos (ver Asinantes) firmaron xa a política do Pacto comprometéndose a garantir no seu desempeño a igualdade e a diversidade, a adopción de medidas de accesibilidade, minimizar o consumo de enerxía ou implantar criterios de circularidade, entre outras medidas e accións (ver Política). O Pacto é unha alianza que xorde desde as propias entidades e empresas, e que comparte e proporciona un conxunto de recursos, ferramentas e servizos para facilitar e acelerar a transformación dos proxectos culturais. Diagnóstico, formación e mentoring, apoio na elaboración do plan de sustentabilidade, avaliación e seguimento dos avances, etc. Un pacto aberto a todos aqueles proxectos e eventos, entidades e empresas culturais en Galicia que cren na cultura como palanca e motor de cambio.

Para saber máis da actividade do Pacto, podedes consultar o BLOG. Para ampliar información ou facer algunha consulta, estamos aquí.

Presentación Pacto Cultura Sustentable, xullo 2021, Santiago de Compostela. Foto: Mónica Ares