A política está en liña cos obxectivos da Axenda 2030, abordando 10 dos 17 obxectivos.
Como parte do noso compromiso coa sustentabilidade, a nosa actividade debe garantir:
- A igualdade e a diversidade (ODS 5)
- Condicións de traballo dignas (ODS 8)
- A adopción de medidas que garantan a accesibilidade (física, motora, cognitiva, sensorial e orgánica) (ODS 10)
- A adopción de medidas de seguridade, saúde, hixiene e benestar (ODS 3)
- Minimizar o consumo enerxético e, sempre que sexa posible, abastecerse de fontes renovables ou menos contaminantes (ODS 7)
- Minimizar o consumo de auga e garantir o acceso gratuíto á auga potable (ODS 6)
- A promoción do transporte público compartido e fomentar a idea de multimodalidade (ODS 13)
- A implantación de criterios de economía circular: reducir, reutilizar e reciclar, e dispor dun sistema axeitado de recollida e xestión dos residuos (ODS 12)
- A medición de indicadores (ODS 8)
- O apoio á contorna artística local (ODS 11)
- A colaboración con empresas locais (ODS 11)
- A identificación e participación dos grupos de interese (ODS 17)