O Pacto no 10º Encontro Cultura y Ciudadanía

Unha proposta práctica e pensada para establecer un diálogo con diferentes proxectos á hora de avaliar como estamos integrando novas estratexias na senda sustenable. Asi foi o taller “Itinerarios compartidos: elige tu ruta. Dinámicas colectivas para abordar sin desconsuelo la sostenibilidad en la acción cultural”, co que o Pacto Cultura Sustentable participou o 25 de setembro no 10º Encontro Cultura y Ciudanía, promovido polo Ministerio de Cultura e que nesta edición tan especial tivo como escenarios o Museo do Pobo e o CGAC, en Santiago de Compostela. Máis de cincocentos profesionais de todo o Estado asistiron durante os tres días a presentacións, charlas, obradoiros, etc, nun encontro xa de referencia para toda aquelas persoas que compartimos unha visión social da cultura.

No taller coordinado por María Baqueiro co apoio de Adriana Castro e Arancha Estévez, participaron 25 personas, a maioría de fóra de Galicia. Malia que unha hora e media pasa voando, as persoas asistentes expuxeron como están a integrar novos hábitos nos seus proxectos e foron interpelados polos obxectivos que teñen e as melloras que experimentan. Na parte final do obradoiro traballamos sobre unha proposta moi concreta que lanzou Luisa Martínez, da Unidade de Cultura Científica do CSIC Galicia: Como evitar o merchan low cost co que moitas veces agasallamos aos asistentes aos nosos eventos?.

A destacar, o interese post-taller polo Pacto Cultura Sustentable que nos trasladaron algúns dos participantes e a posibilidade de replicarlo noutros lugares. Desde o Pacto, inmensas grazas a Cultura y Ciudadanía por facernos un oco nunha programación de 3 días de moita intensidade en Santiago de Compostela, ao Museo do Pobo Galego por acollernos e ás persoas que participaron no taller pola súa implicación e interese.