Rematou en Barcelona a 2ª edición do FFLASH-HUB (Film Festivals Learning and Sharing HUB), un congreso para profesionais de festivais e mostras de cinema, organizado por Catalunya Films Festivals (a homóloga catalá de Proxecta, a coordinadora galega de festivais de cinema ) co apoio do ICEC e de Europa Creativa Media Catalunya.
Felices e agradecidas da participación do Pacto Cultura Sustentable na xornada do 18 de xulo, na charla de peche, a través da coordinadora María Baqueiro e da tamén colaboradora do Pacto, Giada Galvano, na mesa “El compromís dels festivals de cinema amb la sostenibilitat ambiental”, moderada por Mònica Garcia Massagué, do Festival de Sitges.
Valoramos moitísimo estes espazos de aprendizaxe, e destacamos a sorte de poder asisitir á mesa: “Codi d’Accessibilitat de Catalunya: oportunitats i reptes per a una verdadera inclusió”, unha acción lexislativa pioneira no Estado ao redor da accesibilidade. Volvemos coa maleta chea, merci #FlashHub.