“E ti, que proxectas?”, unha campaña de Proxecta e Pacto Cultura Sustentable

Os festivais de cinema de Galicia agrupados na coordinadora Proxecta levan xa un tempo aplicando medidas para maximizar o impacto positivo na contorna e minimizar o negativo. Coa campaña “E ti, que proxectas?” en 2025 en colaboración co Pacto Cultura Sustentable e co apoio da Deputación da Coruña, queren transmitir ese compromiso dos festivais co medio ambiente, coa sociedade e coa economía do país, así como envolver ás máis de 150.000 persoas que participan cada ano no conxunto dos eventos Proxecta para axudarnos a facelo mellor. Cultura e cinema para todas as persoas e polo futuro do planeta.

“E ti, que proxectas” é un campaña de Proxecta e Pacto Cultura Sustentable que conta co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña. Peza audiovisual: Julia G. Yánez. Música: Nastasia Zürcher (O impulso). Para saber máis:

proxecta.org

Asesorías de Sustentabilidade Proxecta 2023

Impactos positivos, proceso, futuro. Informe 2022