Taller de produción sustentable en artes escénicas no Vello Cárcere de Lugo

Celebrouse estes días Habitación Peregrina Pro 2024; do 17 ao 19 de setembro o encontro profesional tivo lugar no Centro Cultural O Vello Cárcere de Lugo dentro da programación de Camino Escena Norte 2024. Un punto de encontro profesional das artes escénicas Galicia, Asturias, Cantabria, Navarra e Euskadi.

Desde o Pacto Cultura Sustentable impartimos o día 18 pola mañá o “Taller de producción sostenible ESCENAS COLECTIVAS. El potencial transformador de las artes escénicas desde un enfoque sostenible”. Un obradoiro práctico dirixido especialmente ás compañías de teatro que están a traballar por mellorar as súas prácticas e hábitos profesionais en relación á sustentabilidade e á Axenda 2030.

Camino Escena Norte é un proxecto de intercambio cultural por medio das artes escénicas entre Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, promovido polas asociacións Escena Galega, EscenAsturias, Acepae, Eskena y Escena Navarra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *